Sorteamos 1.500 euros en premios!

Cómo participar:

 

Primeira.- Participantes
Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.
Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.

Segunda.- Descrición da campaña
Sorteo de 5 Caixas Sorpresa “Experience Comercio Local”, e 5 Caixas Sorpresa “Experience Gastronomía Local”
As caixas “Experience comercio local están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ó CCHV.
As Caixas “Experience Gastronomía Local” conteñen unha experiencia gastronómica en familia en calquera dos negocios de hostalaría asociados ó CCHV.
O valor de cada caixa é de 150€. Total destinado a premios 1.500€.
O prazo de caducidade de calquera das caixas é o 31/12/21.

Terceira.- Como Participar
En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 20€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e número de teléfono)
Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.
A data dos tíckets de compra poderá ser dende o martes 20 de Abril ó sábado 1 de Maio.

Cuarta.- Sorteo
O sorteo realizarase o martes 4 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro.
Comunicaráselle de inmediato ós gañadores. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.
O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.